Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m². A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón.
Velliñas e tenra historia de Ramona, Filomena e Anabel, tres veciñas que cada día se achegan á apraza da vila para facer compaña ás pombas. Pero un bo día algo novo distrae a súa rutina: unha cuncha de vieira.
Tras anos no exilio, María Casares enfrentase co seu pasado nunha viaxe de regreso a casa. Con Despois das Ondas, Ernesto Is gaña o XVIII Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais, obra de estrea exclusiva de ButacaZero.
Como ve a xeración dos millennials as súas raíces? Partindo da idea desas aldeas que se baleiran cada día, ButacaZero quere reflexionar sobre o que se perde e o que se mantén deste noso pasado na nosa vida diaria. Os tópicos galegos represéntannos ou non? Queremos fuxir deles ou en realidade nos aferramos? Cal é a nosa vida e que ten que ver coa imaxe estereotipada que de nós poden ter os de fóra?
Na Butaca aborda de maneira poética e optimista o tema do esquecemento como doenza, tipo demencia ou Alzheimer. Achéganos unha realidade que por veces amosa paz e outras anguria, felicidade ou rabia; indo do cómico ao escatolóxico, pasando polo transcendente.
Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela. Son moitas as persoas que día a día se fotografan coa estatua que as representa no paseo da Alameda, mais… saben esas persoas a crúa historia que hai detrás delas?
A proposta teatral nace do clásico de Quevedo, e mantén a súa esencia e os seus personaxes máis entrañables e recoñecibles polo público (Don Teo, Cabra...). Pero pronto o mundo que rodea ao protagonista, Pablos, vai cambiando e, co cambio, el mesmo convértese nun pícaro dos nosos días que convive coa nosa realidade máis actual.
Un espectáculo vertebrado arredor da idea dun supermercado no que se venden os textos do propio show, a modo de tupper-sesión. Versos frescos e libres que abordan temas de plena actualidade nun súper: as rutinas de traballo, o malgasto de comida, os ingredientes dos produtos ou os conservantes que poden chegar a ter, os conflitos coas datas de caducidade e consumo preferente, os tratamentos embelecerdores das froitas e verduras… E todo dende un ollar humorístico, cítrico, satírico… e moi romántico.