FÓRA DE CARTEL

Supermarket

Poesía de supermercado

Supermarket

Por que brillan tanto as mazás? Que ten dentro o Colacao? É mellor limpar con lixivia ou con Disciclín? E sobre todo… van os ex presidentes do Goberno ao supermercado? Supermarket ofrece ao espectador 59,99 minutos de auténtico e orixinal “stand up poetry” para partirse de risa.
 
Esther F. Carrodeguas comeza xogando ás tendiñas con cartos que son pedras para entrar máis tarde nun hipermercado e construír historias dentro dos iogures que deixarán o público cun doce sabor de boca. Poesía, bailes, erotismo, adiviñas e mesmo un superconcurso completan este espectáculo absolutamente delicioso.
 
EN ESCENA Esther F. Carrodeguas
DIRECCIÓN Xavier Castiñeira
DRAMATURXIA Esther F. Carrodeguas
 
Críticas de Supermarket

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies